JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

Que con motivo da realización da obra de “Camiños Escolares Seguros”, procederase ao corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos, no tramo que comprende dende a Porta do Sol ata a avenida de Mugardos, a partir do mércores, 31 de maio, ata a finalización dos traballos.

O corte indicado e as vías alternativas estarán debidamente sinalizadas tanto polos operarios da obra como a Policía municipal. O restablecemento do tráfico en dito tramo efectuarase tan pronto como sexa posible.

Agradecemos a súa colaboración.

Ares, 29 de abril de 2023

O alcalde,

Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo