A Concellaría de Cultura anunciou o peche da exposición pictórica “Na flor da vida” do recoñecido artista local Luis da Silva Santiago, “O Portuxés”.

Durante as últimas semanas, a Casa da Xuventude foi o escenario que acolleu esta exhibición, que cautivou a numerosos visitantes. A mostra foi unha homenaxe á beleza natural, onde os visitantes tiveron a oportunidade de mergullarse nun mundo de cor e forma a través dunha colección de cadros que capturan a esencia de diferentes flores. […]

O Concello de Ares uniuse á campaña internacional “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos

O obxectivo principal desta iniciativa é apoiar, promocionar e destacar o papel dos comerciantes nos mercados das vilas, fomentando así a compra de produtos locais e mostrando a profesionalidade dos vendedores. No caso da praza de abastos local, o Concello organizou unha serie de actividades no marco desta campaña, as cales tiveron lugar esta mañá. […]

Nova charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares

A próxima charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares centrarase na pediatría e abordará o tema de “Febre, Tose e Mocos en Pediatría: Que aprendemos este inverno?”. A persoa encargada da sesión será Laura Piñeiro García, enfermeira especialista en pediatría do Centro de Saúde de Ares e Mugardos. Durante a sesión informativa, a experta […]