A Concellaría de Cultura anunciou o peche da exposición pictórica “Na flor da vida” do recoñecido artista local Luis da Silva Santiago, “O Portuxés”.

Comparte esta nota de prensa

Durante as últimas semanas, a Casa da Xuventude foi o escenario que acolleu esta exhibición, que cautivou a numerosos visitantes.

A mostra foi unha homenaxe á beleza natural, onde os visitantes tiveron a oportunidade de mergullarse nun mundo de cor e forma a través dunha colección de cadros que capturan a esencia de diferentes flores. Cada obra expresa a mestría artística e a paixón creativa de Luis da Silva, quen deixou unha marca indeleble na escena artística local.

Neste contexto, o pintor decidiu doar unha das súas obras ao Concello en agradecemento polo apoio brindado e pola oportunidade de exhibir a súa arte no edificio municipal. Esta xenerosa doazón é un testemuño do compromiso do autor co municipio e formará parte do patrimonio artístico local.

Desexamos expresar o noso máis sincero agradecemento a Luis da Silva Santiago pola doazón e por compartir o seu talento e a súa creatividade con toda a veciñanza de Ares!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado