O Concello continua coa campaña “Quere o teu mercado” promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas

O sábado 3 de xuño, o mercado acollerá unha actuación do grupo de gaitas Aresán para dinamizar o consumo durante a xornada. Con esta iniciativa o Concello de Ares pretende animar aos veciños e veciñas a facer as súas compras no mercado municipal, onde atoparán produtos frescos, de calidade e da nosa contorna, favorecendo así […]

O Concello inicia as obras de modernización dos servizos e pavimentos na rúa San Xosé

Esta importante intervención, que conta cun investimento próximo aos 170.000 euros financiados polo Concello e a Deputación, ten como obxectivo mellorar a rede de saneamento, pluviais e abastecemento, así como realizar traballos na iluminación, electricidade e telecomunicacións. A rúa San Xosé deu inicio ás obras para a renovación dos seus servizos e pavimentos. Este proxecto […]