A noite do sábado foi a quenda do concerto de Roi Casal na Praza da Igrexa!
Os asistentes gozaron coa actuación do afamado intérprete e compositor, na estrea da súa nova xira, “Ambos Mundos”, deleitando ao público con composicións que foron desde os ritmos latinos ao estilo pop!
Na noite de onte, para poñer o broche de ouro a unha fin de semana repleta de eventos, no parque de Rosalía organizouse un concerto con Debosses, un tributo a Bruce Sprinsteen, e O Cruce, a banda ferrolá de pop rock español
Foron unhas actuacións espectaculares cun público totalmente entregado!
O sábado pasado, nunha tarde adicada á rapazada, tamén houbo ocasión para que gozasen da súa propia PequeDisco a cargo de Moc Moc espectáculo!
Con coreografías guiadas, xogos musicais, circo, malabares… e sobre todo moito humor, mesturado con iluminación disco, máquina de fume e pompas de xabón, que fixeron saltar, xogar, bailar, rir e gozar a tódolos asistentes!
O espectáculo de Os Bolechas chegou o sábado a Ares!
Dentro da súa xira estival Os Bolechas recalaron en Ares este sábado, concretamente no Parque Rosalía, para facer as delicias dos máis pequenos e as súas familias a través dun teatro de marionetas!
Últimos días para inscribirse na XXXI edición da Milla Urbana!
A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 1 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY A XXXI Milla Urbana Concello de Ares, é unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación […]
O venres pasado, 28 de xullo, levouse a cabo a VI Homenaxe musical a Gildo Illobre na Igrexa Parroquial de Ares.
Organizado pola Rondalla Trobadores de Ares, coa colaboración da concellaría de Cultura e Adegas&Vinos Ares, este emotivo evento rendeu tributo ao legado musical de Gildo Illobre no municipio e na comarca. Veciños, amigos e familiares uníronse para honrar a súa memoria e celebrar a perdurable influencia da súa paixón pola música na nosa contorna.