Listaxe de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal laboral como Oficial De 1ª do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL LABORAL COMO OFICIAL DE 1ª DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA no Diario de Ferrol o 19/09/2023 e rematado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte […]
Na décimo sexta edición de “Móllate polos Ríos”, o grupo de voluntarios coordinados pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, uniuse para realizar labores de limpeza na contorna do Mosteiro de Santa Catalina, especificamente no río dos Frades
Durante esta xornada, logrouse retirar aproximadamente 100 quilogramos de residuos que estaban a afectar ao ecosistema fluvial. A contaminación neste río compoñíase principalmente de lixo, botellas, un pneumático e fragmentos de construcións. Unha vez que os voluntarios completaron o seu traballo, os traballadores do Concello serán os encargados da recolección e o tratamento adecuado destes […]
Esta semana, o punto limpo móbil estará operativo en Mariña do Pombal
Os traballadores municipais instalárono hoxe e permanecerá dispoñible para a veciñanza da zona ata o final da semana. Utilízao para refugar os teus residuos domésticos de forma responsable e contribuír ao tratamento apropiado dos mesmos!
Lista Provisional de Admisión e Prazo para Alegacións para a selección do Alumnado Traballador do Proxecto de Obradoiro Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” promovido polos Concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos
ANUNCIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII”: LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN E PRAZO PARA ALEGACIÓNS Anuncio dos acordos adoptados polo tribunal cualificador na súa sesión do 20.09.2023. Faise público que o tribunal cualificador designado mediante a resolución da Alcaldía número 945/2023, do 14.09.2023, para a selección do alumnado traballador do OEGX “Inicia […]
Esta pasada fin de semana, Ares foi un dos oito municipios nos que recalou o V Festival Internacional de Entes Animados con dúas actuacións que encantaron ao público!
O venres, a compañía italiana Bambabamdin presentou “Arlequiniadas” na Alianza Aresana, unha comedia chea de xiros e aventuras. Mentres, o sábado, Historioscopia de Portugal representou “No conto da Raposa” no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, unha mestura de contos tradicionais e teatro de marionetas. Estas actuacións cunha gran calidade formaron parte dun festival que celebra […]