Na décimo sexta edición de “Móllate polos Ríos”, o grupo de voluntarios coordinados pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, uniuse para realizar labores de limpeza na contorna do Mosteiro de Santa Catalina, especificamente no río dos Frades

Comparte esta nota de prensa

Durante esta xornada, logrouse retirar aproximadamente 100 quilogramos de residuos que estaban a afectar ao ecosistema fluvial.

A contaminación neste río compoñíase principalmente de lixo, botellas, un pneumático e fragmentos de construcións. Unha vez que os voluntarios completaron o seu traballo, os traballadores do Concello serán os encargados da recolección e o tratamento adecuado destes refugallos. Este evento serviu como un exemplo concreto da problemática ambiental que enfrontan numerosos ríos galegos.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación