Finalizan as Obras de Mellora Dos Vestiarios do Campo de Fútbol “Prados Vellos”

O Concello vén de informar da finalización das obras de mellora dos vestiarios no Campo de Fútbol “Prados Vellos”. Estas melloras centráronse en aumentar a eficiencia enerxética tanto na estrutura como nas instalacións dos vestiarios. A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, xunto coa presidenta do Club de Fútbol Numancia, Elena Fuentes, visitaron esta mañá as […]

Hoxe, 1 de decembro, marca o inicio do MercAres!

Os negocios xa teñen os seus carteis e ofrecen vales rasca, identificándose como participantes nesta iniciativa deseñada para impulsar o consumo local. Esta cuarta edición, impulsada pola Concellaría de Comercio, ten como obxectivos apoiar aos pequenos comercios e establecementos de Ares, contribuíndo así ao dinamismo socioeconómico da nosa localidade. Ademais, busca fomentar hábitos de consumo […]

MercAres 2023

Compra de proximidade, responsable, solidaria, ecolóxica e sustentable Do 1/12/2023 ao 31/01/2024 Eu, Merco en Ares Campaña en Colaboración coa Hostalería e o Comercio de Ares. Por Compras Superiores a 10€ recibirás un1 Rasca poderas gañar Ata 500€ para gastar en Negocios Asociados Rasca e Gaña Ares Concellería de Turismo

Baremación e puntuación final do Proceso Selectivo para a Selección do Persoal Directivo e Docente do Proxecto do Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” do Concello de Mugardos, Concello de Ares, Concello de Fene

ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS. BAREMACIÓN  Por Decreto núm. 2023-1225 de 30/11/2023, acordouse: “Visto o expediente que se tramita para a contratación laboral temporal do persoal do Obradoiro dual de emprego REINICIA X financiado pola Consellería […]

Na charla “Falemos do cancro de mama. Enfrontando o diagnóstico” de onte, organizada pola Xunta local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, os expertos compartiron información esencial sobre a enfermidade

O Dr. Luis Felipe Sánchez Cousido abordou aspectos médicos, facendo fincapé na importancia da detección temperá. Pola súa banda, Lucía Barcia Umbón ofreceu ferramentas desde a perspectiva psicolóxica para afrontar emocionalmente o diagnóstico. A sesión brindou un enfoque integral, proporcionando apoio tanto médico como emocional aos asistentes.