Aprobación Declaración Institucional e concentración pola Paz fronte ao Consistorio

No día de hoxe, o Pleno do Concello de Ares aprobou de forma unánime adherirse á resolución emitida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas con data do 10 de decembro de 2023. Esta resolución expresa profunda preocupación pola situación humanitaria na Franxa de Gaza e avoga pola protección das poboacións civís palestina e israelí de […]

Nova convocatoria do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de recibir da Xunta de Galicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia. A administración autonómica e o Servicio Público de Empleo Estatal financian esta convocatoria dirixida a mulleres en situación de desemprego inscritas na correspondente Oficina de Emprego e empadroadas nos Concellos […]

Aviso de recollida de enseres 19-12-2023

Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de decembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.