Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das voces literarias máis importantes de toda Galicia, esa que iluminou a nosa cultura dende o século XIX e que aínda pervive na actualidade: Rosalía de Castro, a gran poeta e autora de Cantares Galegos.

O Concello súmase ao Día de Rosalía que se celebra este 23 de febreiro e lembramos a súa figura, fundamental para comprender a identidade dos galegos e galegas!
O 14 de marzo poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!

Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.