Ares abre mañá o prazo de inscrición para a sétima ruta do SendAres 2023-2024
A iniciativa municipal organizará unha saída ata Malpica de 15 quilómetros, percorrendo a súa costa dende a praia de Razo e achegándose aos muíños de Ardeleiro. Será durante a xornada do domingo, 17 de marzo. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, mércores 28 de febreiro, con 25 prazas habilitadas […]
Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.
A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado na Agrupación Instrutiva de Caamouco, conmemorando os 150 anos do seu falecemento este 2024 e o centenario do Hospital Hijas de Galicia da Habana que ela impulsou. A xornada estivo […]
Un memorial para facer xustiza ás vítimas do franquismo da comarca
Este sábado pasado, o parque Antón Varela de Canido acolleu o acto de inauguración do monumento ás preto de 1.000 persoas asasinadas en toda a comarca durante o Golpe de Estado de 1936 e a ditadura franquista. Un memorial onde se expoñen os nomes de todas estas vítimas directas da represión e que fala, en […]