O Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte inauguran a nave de embarcacións que empregará o Club de Remo de Ares
O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo; a concelleira de Deportes, Alma Barrón, e a de Urbanismo, Olimpia Marcos, amais do Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García, pertencente á Secretaría Xeral, visitaron esta mañá as instalacións xa rematadas. No acto formalizouse a entrega das chaves da edificación a representantes do […]
Punto limpo móbil instalado en Federico García Expósito
O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza en Federico García Expósito ao longo de toda a semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
A área de Comercio municipal e a Oficina Acelera Pyme achegan formación en marketing dixital aos negocios de Ares
A Alianza Aresana acolleu onte, 18 de marzo, o obradoiro “As RRSS: o escaparate para as pemes, persoas autónomas e emprendedoras”, unha formación sobre marketing dixital impartida por Julio Flores Balado e programada entre a Concellaría de Comercio e a Oficina Acelera PYME Deputación da Coruña. A xornada serviu coma toma de contacto para que […]