A Concellaría de Medioambiente e SOGAMA formalizan un acordo para a distribución de 25 composteiros en Ares

Ante a boa recepción do Programa de Compostaxe Doméstica realizada polo Concello entre finais de 2023 e comezos deste 2024, a área de Medioambiente municipal asinou un convenio de colaboración coa empresa pública SOGAMA para satisfacer a alta demanda que se rexistrou no tocante á compostaxe local. Así, nestes últimos días a concelleira de Medioambiente, […]
Punto limpo móbil instalado en Marina do Pombal

O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza na contorna de Marina do Pombal para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Contribúe ti tamén ó coidado do medioambiente!