HORARIOS E TAPAS DO DEGUSTARES 2024

A ruta do pincho que promove a Concellaría de Comercio arranca esta próxima fin de semana e xa se están ultimando os detalles finais! Así que se ti tamén estás preparándote para probar as 10 tapas que atoparás na vila durante os días 13, 14, 20 e 21 de abril, bota un ollo aos horarios […]
Obradoiros para aprender a manexar e manter unha bicicleta

‘Rodas escolares’ é o nome que recibe a última proposta da Concellaría de Deportes que involucra á rapazada do CPI As Mirandas tanto de primaria coma secundaria: un conxunto de actividades para coñecer unha bicicleta, manexala nunha contorna natural e coñecer que se precisa para tela a punto. Onte arrancou esta iniciativa cunha pequena charla […]
Último mes para enviar o teu manuscrito ao II Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares

Podes remitir o teu texto ata o 10 de maio á seguinte dirección: Rexistro Xeral, Concello de Ares, Área de Cultura. Avenida Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 (Ares, A Coruña). A Concellaría de Cultura lembra que cada participante pode presentar un orixinal inédito onde se fale do proceso migratorio galego alén do mar, aínda que […]