2024-DegustAres-1

A ruta do pincho que promove a Concellaría de Comercio arranca esta próxima fin de semana e xa se están ultimando os detalles finais! Así que se ti tamén estás preparándote para probar as 10 tapas que atoparás na vila durante os días 13, 14, 20 e 21 de abril, bota un ollo aos horarios que deixamos aquí embaixo.

Lembra valoralas correctamente, adxudicando 15 puntos para o mellor pincho, 10 ao segundo e 5 ao terceiro. Ao completar o percorrido, poderás acceder ao sorteo de vales de 100 euros, unha visita con pernocta para 2 persoas en la Rioja  ou 2 camisetas do Racing de Ferrol, amais dun par entradas para ver ao equipo de fútbol ferrolán.

Xa sabes: #ViveAres!