Cen preguntas esenciais para entender o transhumanismo na próxima presentación literaria en Ares

Manuel Sanlés chega ao municipio aresá para presentar a súa obra ‘El transhumanismo en 100 preguntas’, un libro que reflexiona con fondura arredor dos cambios que afrontará o ser humano na súa relación coa tecnoloxía. O acto celebrarase o vindeiro 10 de xaneiro ás 19:30 horas no salón de actos da Alianza Aresana, coa presenza […]
Ares despediu o Nadal coa visita dos Reis Magos de Oriente

A choiva non impediu que Baltasar, Melchor e Gaspar visitasen o municipio, incluída as parroquias, para coñecer os desexos de pequenos e maiores. Saudaron ás crianzas, repartiron doces e logo marcharon ao centro urbano de Ares para desfilar polas súas rúas acompañados dos voluntariosos paxes e a Sociedade Cultural O Tilo. As Súas Maxestades remataron […]
As melodías da Orquestra Sinfónica de Galicia enchen a Igrexa de San Xosé de Ares

Corenta e catro mozas e mozos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) achegáronse até Ares para ofrecer o Concerto de Reis este sábado pasado, un xeito de despedir o Nadal e tamén a programación lúdico-cultural que desenvolveu o Concello nestas datas festivas. As voces do Coro Infantil e do Coro Xuvenil soaron con forza na […]