Ares despediu o Nadal coa visita dos Reis Magos de Oriente

Comparte esta nota de prensa

A choiva non impediu que Baltasar, Melchor e Gaspar visitasen o municipio, incluída as parroquias, para coñecer os desexos de pequenos e maiores. Saudaron ás crianzas, repartiron doces e logo marcharon ao centro urbano de Ares para desfilar polas súas rúas acompañados dos  voluntariosos paxes e a Sociedade Cultural O Tilo.

As Súas Maxestades remataron o itinerario no interior da Alianza Aresana, onde lles agardaban os seus tronos para facer a súa recepción real, falando con quen quixera achegarse a coñecelos. Con eles marcha tamén un Nadal aresán que estivo marcado pola promoción cultural, a dinamización deportiva e os mellores desexos de cara a este 2025.

A Cabalgata de Reis Magos materializouse grazas á colaboración da agrupación de voluntarios de Protección Civil e a Sociedade Cultural O Tilo.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación