Dispensadores de bolsas para mascotas dispoñibles na casa consistorial de Ares

Se aínda non te fixeches cun dos dispensadores de bolsas para a recollida de deposicións do teu can, achégate até o consistorio de Ares e solicita un na recepción. Son totalmente de balde! Esta acción atópase inscrita dentro da campaña municipal de sensibilización da veciñanza que promove a Concellaría de Medioambiente ao longo deste mes […]
Chega á Casa da Xuventude a 33ª edición de Galicia en Foco

A exposición, que estará dispoñible até o 11 de abril, amosa o mellor do fotoxornalismo galego a modo de crónica do territorio, salientando os grandes acontecementos que viviu a sociedade nos últimos tempos. Poderá visitarse en horario de mañá, de luns a venres, e tamén pola tarde nesa mesma xornada. A Concellaría de Cultura e […]