Dispensadores de bolsas para mascotas dispoñibles na casa consistorial de Ares

Comparte esta nota de prensa

Se aínda non te fixeches cun dos dispensadores de bolsas para a recollida de deposicións do teu can, achégate até o consistorio de Ares e solicita un na recepción. Son totalmente de balde!

Esta acción atópase inscrita dentro da campaña municipal de sensibilización da veciñanza que promove a Concellaría de Medioambiente ao longo deste mes de marzo, na que se inclúe o reparto de preto de 400 destes dispensadores entre a veciñanza e a difusión por medios dixitais 📲 de mensaxes que axuden a concienciar sobre a relevancia de coidar os parques e rúas de Ares 🌿.

Non o dubides: cada xesto conta, recolle e limpa polo ben da túa vila.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación