O Concello arranca o vindeiro 10 de xullo co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

A primeira das proxeccións estará protagonizada polo filme “Ratón Pérez 2” e organizarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 h. Continuará o ciclo cinematográfico, que conta co apoio da Rede Cultural da Depuación da Coruña, nas xornadas do 24 de xullo e 14 de agosto. Esta semana principia unha das […]
Punto limpo móbil instalado en Seselle (07.07.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
O Club de Lectura Municipal de Ares despide o curso cun encontro arredor de ‘El mercader de libros’

O Club de Lectura Municipal de Ares celebrou o venres pasado a súa última sesión do curso 2024-2025 xuntándose para conversar sobre a obra El mercader de Libros, do escritor aragonés Luis Zueco; unha novela que mestura historia, intriga e paixón nunha viaxe ao século XVI. Na obra, Zueco narra as circunstancias vitais de Thomas, […]
Ares vive un ano máis o seu XIV Mercadillo Veciñal

A pesar da choiva que caeu por momentos durante a xornada, e acompañados dunha néboa matutina, o municipio puido desfrutar onte da decimocuarta edición do seu Mercadillo Veciñal, incluíndo case 120 postos de particulares, tecido asociativo local e profesionais, instalados todos eles no paseo marítimo de Ares. Veciñanza e visitantes percorreron o Mercadillo dende pola […]