Principia a actividade lúdico-formativa do Campus de Verán do Celta en Ares

O Prados Vellos acolleu esta mañá a súa primeira sesión co equipo de monitores do club olívico e a rapazada inscrita nesta tradicional iniciativa futbolística. Por diante encaran unha semana de adestramentos baixo as metodoloxías do Celta en horario matutino, centrándose non só na mellora técnica, senón na promoción de valores como o compañeirismo.   […]

Punto limpo móbil instalado na contorna de Besoxo (14.07.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible na contorna de Besoxo para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais,  Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.

Creatividade, talento e moita moda no pulmón verde de Ares coa I Mostra Pop-Up

O Parque Rosalía de Castro actuou este pasado domingo, 13 de xullo, como escaparate dalgúns dos principais proxectos emerxentes da nosa comarca. Fíxoo dentro da I Mostra Pop-Up de Ares, unha feira destinada a divulgar marcas de proximidade que están nacendo ou consolidándose e que se materializou a partir da alianza entre o Concello e […]

‘Cartografía dun naufraxio’: un relato emocional arredor do mar

Un percorrido teatral pola historia de Galicia parándose nos seus naufraxios, na perda colectiva que supuxeron e no impacto que tiveron nas familias que ficaron en terra, coas súas viúvas, cos fillos orfos: con tanta ausencia. Esa é a síntese detrás do evento organizado pola Concellaría de Cultura o pasado venres, 11 de xullo, no […]

A vila de Ares, no Ribadeo Indiano

A través da representación institucional da concelleira Victoria Montenegro, o municipio aresán estivo presente na última edición do Ribadeo Indiano, unha cita xa consolidada na Mariña lucense celebrada durante a fin de semana. Coas súas rúas tinguidas de branco, Montenegro sumouse ó acto de inauguración deste evento que serve, como acontece co Ares Indiano, para […]

O sabor do Atlántico regresou a Chanteiro cun showcooking protagonizado polo ourizo de mar

O Concello organizou no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro un segundo showcooking co foco posto no ourizo de mar, un dos produtos estrela do Océano Atlántico. Ata alí se desprazou o venres pasado o chef Adrián Pérez, do restaurante Sinxelo, para preparar en directo tres elaboracións que amosaron todas as posibilidades culinarias deste ingrediente tan […]