Plan Económico Financeiro sen medidas tras a aprobación da Liquidación Orzmentaria de 2024

Vixencia do PEF : 2025/2026 – Resolución da Liquidación de data : 03/04/2025 Resultado : Incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Xustificación : Utilización do Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais e oper. Préstamo obra emerxencia-convenio Concello de Ares-Augas de Galicia. Órgano competente : Pleno da Corporación. Por resolución da alcaldía de data 03/04/2025 […]

Encontro arredor do cenobio aresán e a súa rehabilitación parcial no consistorio

O Concello, a dirección de obra e a asociación Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro mantiveron unha reunión para analizar as liñas de investigacións desenvoltas até o de agora no cenobio e as posibilidades do futuro para dignificar este Ben de Interese Cultural (BIC). Tamén se contextualizaron as solucións construtivas que se aplicarán […]

Teatro infantil na Alianza Aresana con ‘Vicki e a felicidade’

A Alianza Aresana acollerá este venres, 19 de decembro, a partir das 18:30 h., unha proposta cultural para público familiar de máis de 4 anos. Trátase de ‘Vicki e a felicidade‘, un espectáculo que se achega á historia de Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar e que vive nunha aldea onde […]

O XIV Festival de Panxoliñas celebrarase o vindeiro 21 de decembro

A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá o vindeiro domingo, 21 de decembro, a partir das 18:00 h., o Festival de Panxoliñas organizado pola Concellaría de Cultura, un certame no que se achega unha boa mostra da música coral da localidade. Acadando a súa décimo cuarta edición, a veciñanza poderá desfrutar das obras corais […]