Teatro infantil na Alianza Aresana con ‘Vicki e a felicidade’

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acollerá este venres, 19 de decembro, a partir das 18:30 h., unha proposta cultural para público familiar de máis de 4 anos.

Trátase de ‘Vicki e a felicidade‘, un espectáculo que se achega á historia de Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar e que vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverse a alegría á xente da aldea.

Unha travesía chea de humor, maxia e música, onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

Actuación promovida pola Concellaría de Cultura de Ares, no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Non a perdas!

 

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de