Ares co deporte: unha ferramenta para fomentar o encontro neste Nadal

O pavillón polideportivo municipal acolleu nos últimos compases de decembro varias propostas lúdico-deportivas pensadas para entrar en contacto con novos deportes e, tamén, pasalo ben entre a veciñanza aresá, de igual a igual. Primeiro foi o Torneo de Tenis de Mesa de familias, proposto entre o club Cidade de Narón e o Concello, deseñado precisamente […]

Cancións e bo humor déronse cita na Biblioteca Municipal de Ares

O pasado 30 de decembro, a Alianza Aresana transformouse en espazo para o encontro grazas á iniciativa ‘Con música e letra… karaoke na biblioteca!’, unha proposta cultural pensada para celebrar o Nadal cantando e compartindo algunhas risas. Familias, crianzas e amizades animáronse a coller o micrófono, subir ao escenario e demostrar o seu espírito festivo […]

Visita real en Ares: os Reis Magos estarán na vila o vindeiro 5 de xaneiro

As súas Maxestades percorrerán a partir das 16:30 horas tanto as parroquias como o núcleo urbano, onde rematarán o itinerario para facer a súa recepción no interior da Alianza Aresana.   Este luns, 5 de xaneiro, os Reis Magos desembarcan dende Oriente en Ares para atender a toda aquela veciñanza que desexe saudalos ao longo […]