Cancións e bo humor déronse cita na Biblioteca Municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

O pasado 30 de decembro, a Alianza Aresana transformouse en espazo para o encontro grazas á iniciativa ‘Con música e letra… karaoke na biblioteca!’, unha proposta cultural pensada para celebrar o Nadal cantando e compartindo algunhas risas.

Familias, crianzas e amizades animáronse a coller o micrófono, subir ao escenario e demostrar o seu espírito festivo con panxoliñas e outras composicións para poñer banda sonora á tarde.

Así despediu a veciñanza o ano con alegría e ritmo, facendo da biblioteca un lugar vivo nestas datas!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación