A ría de Ares, epicentro do Campionato Galego de Vauren

Durante toda esta fin de semana, o municipio acolleu o Campionato Galego Vauren 2026 impulsado polo Club Náutico Ría de Ares, un certame deportivo que tivo xusto onte a entrega de trofeos nas instalacións da entidade aresá. En representación do Concello acudiu a edila de Deportes, Alma Barrón, para parabenizar aos gañadores desta última edición: […]

Día do Cómic 2026 en Ares

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que se organizaron na Biblioteca Municipal aresá. As crianzas animáronse a personalizar coas súas personaxes de ficción favoritas unhas bolsiñas de tea que puideron levar á casa, encargándose de darlles vida […]

Fotoprotección sen mitos: claves para coidar a pel na Academia AresXSaúde

A Academia AresXSaúde sumou esta fin de semana unha nova sesión centrada no coidado da pel e na importancia de protexernos correctamente da exposición ao sol, especialmente coa chegada dos meses de maior intensidade solar. A charla estivo conducida por Sofía Castro, licenciada en Químicas e profesional vinculada aos laboratorios Avène, quen compartiu coa veciñanza […]

Entre lembranzas e melodías: Ares celebrou os 122 anos da súa Alianza Aresana

O municipio conmemorou durante o pasado venres o 122º aniversario da Alianza Aresana de Instrucción, unha institución fundamental para comprender o desenvolvemento educativo, social e cultural de Ares ao longo do último século. A xornada comezou pola mañá cunha ofrenda floral na Praza de Domingo Troche, lembrando a figura dun dos impulsores da entidade e […]

Peche da Biblioteca Municipal de Ares na tarde do luns, 23 de marzo

Segundo informa o equipo dinamizador da Biblioteca Municipal de Ares, as súas instalacións permanecerán pechadas ao longo desta tarde do  luns, 23 de marzo. Asimesmo, mañá martes 24 de marzo, só se atenderá o servizo de préstamo e devolucións de libros. Rogamos desculpen as molestias.