Unha mirada á saúde mental e ao autocoidado de quen está ao carón das persoas dependentes: Ares comeza cos obradoiros de xestión emocional para coidadoras

A primeira sesión desta iniciativa impulsada polo Centro de Información á Muller (CIM) da vila, xunto coa Concellaría de Igualdade e Benestar, vén de realizarse esta mañá no municipio cun grupo de 16 participantes. O foco dos obradoiros, que terán continuidade con cinco sesións máis, porase no autocoidado de quen coida, un perfil claramente feminizado […]