Recollida de enseres e voluminosos mañá, mércores, 15 de xullo

Lembramos que esta mesma noite do 📅 martes, 14 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. ℹ A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
A obra pictórica do aresán Ramón Casteleiro expóñese na Casa da Xuventude municipal

A Casa da Xuventude de Ares, no núcleo urbano da vila, acollerá a partir do vindeiro 16 de xullo unha nova exposición de Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, previa xubilación, o seu enorme interese e curiosidade pola pintura, a escultura e o modelado en barro. Nesta ocasión, a mostra pictórica recibe o nome […]
As III Xornadas de Autocoidado para profesionais altamente sensibles (PAS) regresan a Ares

A iniciativa, organizada por Concha Tejada coa colaboración do Concello, desenvolverase do 15 ao 17 de outubro cun programa de charlas, obradoiros, encontros e experiencias arredor do benestar e a alta sensibilidade. As entradas anticipadas xa están dispoñibles, baixo un prezo de 45 euros, ata o 31 de agosto ou ata completar as 30 prazas […]