O Concello acometerá a renovación integral da rúa Irmáns Bugallo cun investimento de preto de 144.000 euros

A actuación permitirá renovar a infraestrutura de abastecemento de auga, crear unha rede separativa de pluviais e mellorar os pavimentos, a accesibilidade, a sinalización e a canalización do alumeado público. Cóntase co apoio económico da Deputación da Coruña, no marco do POS+2025 Adicional. Culminarase así o proceso de renovación de servizos que se principou anos […]
O grupo Ares Solidario recibe a ‘Bandera de la Paz’ como recoñecemento á solidariedade da vila

O salón de plenos do Concello acolleu o acto de entrega desta distinción da Fundación Mil Milenios de Paz, coa participación de representantes do grupo veciñal, do goberno municipal e da propia entidade internacional. Tras recepcionar a bandeira, Ares Solidario entregoulla simbolicamente ao Concello para a súa custodia, entendendo o recoñecemento como unha homenaxe compartida […]