O VIII Festival Internacional Entes Animados chega a Ares!

Como vén sendo habitual e tras o éxito colleitado en edicións anteriores, o Concello de Ares súmase un ano máis ao FESTEA, VIII Festival Internacional de Entes Animados, coincidindo coas Festas da Mercé en Chanteiro. Nesta oitava edición, a veciñanza poderá gozar do recoñecido espectáculo internacional de fío e música Alex Barti Show. O […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas do Federico García Exposito e Marina do Pombal (21.09.2026)

🔹 Lembra que esta semana os puntos limpos móbiles se ubican nas contornas de📍Federico García Exposito e Marina do Pombal e para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE FEDERICO GARCÍA EXPOSITO Podes depositar: ✅ […]
A casa consistorial de Ares iluminouse esta madrugada de cor verde para sumarse ó Día Mundial do Alzhéimer 2026 que se celebra cada 21 de setembro.

Unha xornada feita para visibilizar a doenza e reivindicar a importancia da investigación na mellora da calidade de vida dos afectados polo alzhéimer.