O VIII Festival Internacional Entes Animados chega a Ares!

Comparte esta nota de prensa

Como vén sendo habitual e tras o éxito colleitado en edicións anteriores, o Concello de Ares súmase un ano máis ao FESTEA, VIII Festival Internacional de Entes Animados, coincidindo coas Festas da Mercé en Chanteiro.
 
Nesta oitava edición, a veciñanza poderá gozar do recoñecido espectáculo internacional de fío e música Alex Barti Show. O artista, un dos grandes referentes mundiais da arte das marionetas de fío, dará vida á súa entrañable marioneta Barti nun espectáculo cheo de humor, sensibilidade e complicidade para toda a familia.

Cita en C.C. Outeiro de Chanteiro: Sábado, 26 de setembro ás 19:00 h

 Unha oportunidade para desfrutar da maxia das marionetas en familia!

Pódeche interesar