Magosto-Samaín no Rueiro de Ares

Data e hora: 31 de outubro, ás 17:00 h. Lugar: O Rueiro de Ares. Programación e actividades: Obradoiro de colares de zonchos (exclusivo para socios). Mesas e utensilios para preparar os vosos calacús (cabazas). Rueirada polo pobo aberta a toda a veciñanza. Foliada na praza da Casa da Santa Compaña co tradicional conxuro da queimada. […]
O Rueiro de Ares e o Concello únense para celebrar o Magosto-Samaín cunha gran festa popular

O vindeiro 31 de outubro, a partir das 17:00 horas, Ares encherase de tradición e ambiente festivo co Magosto-Samaín, organizado pola asociación O Rueiro coa colaboración do Concello de Ares para gozar en comunidade. A tarde contará cun obradoiro de colares de zonchos (só para socios) e mesas con utensilios para que a veciñanza poida […]
A música e a memoria da emigración emocionaron na Alianza Aresana co espectáculo «Remelexo»

A Alianza Aresana acolleu unha noite moi especial da man do dúo Baraza, composto por Uxía e Alberte, quen cativaron ao público asistente coa súa proposta multidisciplinar «Remelexo». A través do son evocador do acordeón diatónico, a dozura da frauta, o vídeo e a narración oral, a peza debuxou a historia de Diniña, un emotivo […]
O Concello de Ares Impulsa a Reutilización e a Recollida Separada de Residuos Téxtiles co Apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea

O Concello de Ares recibe unha subvención de 8.000 euros para desenvolver actuacións destinadas a fomentar a reutilización téxtil, a sensibilización ambiental e a economía circular. Ares, outubro de 2026. O Concello de Ares continúa avanzando no seu compromiso coa protección do medio ambiente e coa mellora da xestión dos residuos municipais mediante o desenvolvemento […]
O Concello de Ares impulsa a compostaxe doméstica coa instalación de 50 novos composteiros

A actuación, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Galicia FEDER 2021-2027, contribúe a mellorar a xestión dos biorresiduos e fomentar a economía circular no municipio. O Concello de Ares continúa avanzando no seu compromiso coa sustentabilidade ambiental e coa mellora da xestión dos residuos municipais mediante o […]
O Concello de Ares Reforza a Recollida Selectiva de Biorresiduos con Novas Accións de Formación e Sensibilización Ambiental

O Concello desenvolve unha campaña dirixida á hostalaría, aos grandes produtores de residuos, á comunidade educativa e á cidadanía para fomentar a correcta separación da materia orgánica e reducir o desperdicio alimentario. O Concello de Ares desenvolveu durante o ano 2026 o proxecto «Promoción e mellora do sistema de xestión de biorresiduos de competencia municipal […]