A Alianza Aresana acolleu unha noite moi especial da man do dúo Baraza, composto por Uxía e Alberte, quen cativaron ao público asistente coa súa proposta multidisciplinar «Remelexo».
A través do son evocador do acordeón diatónico, a dozura da frauta, o vídeo e a narración oral, a peza debuxou a historia de Diniña, un emotivo reflexo da pegada da emigración galega ao Brasil que uniu simbolicamente as dúas beiras do Atlántico.
Esta actuación enmarcouse no ciclo «Outono das Artes», un programa promovido pola Deputación da Coruña en estreita colaboración co Concello de Ares para continuar achegando propostas culturais de gran calidade á nosa vila.
Grazas a todas as persoas que vos achegastes a gozar desta fermosa viaxe musical e á Deputación por facer posible que as artes sigan latexando en Ares.








