Preto de 150 kg foron extraídos este domingo do río dos Frades, nas inmediacións do Mosteiro de Santa Catalina, polos voluntarios que se sumaron á limpeza simultánea no marco da iniciativa “Móllate polos ríos”. Lixo, botellas, partes de uralita e grandes cantidades de espuma sintética (polispán) conforman o groso da contaminación sobre o ecosistema fluvial no que se actuou.
Tras a labor do voluntariado, coordinado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, traballadores do Concello asumirán as tarefas de recollida e tratamento dos refugallos, que exemplifican a problemática medioambiental na que se atopan moitos dos ríos galegos.