XV Edición de Móllate polos Ríos

Preto de 150 kg foron extraídos este domingo do río dos Frades, nas inmediacións do Mosteiro de Santa Catalina, polos voluntarios que se sumaron á limpeza simultánea no marco da iniciativa “Móllate polos ríos”. Lixo, botellas, partes de uralita e grandes cantidades de espuma sintética (polispán) conforman o groso da contaminación sobre o ecosistema fluvial […]

Tras os cambios executados pola Xunta de Galicia no servizo de transporte metropolitano prestado por UTE Hércules Norte, o Concello vén de actualizar o deseño municipal dos horarios de buses, dispoñibles na páxina web e tamén nas paradas da localidade.

Lucía Blanco, concelleira de Mobilidade de Ares, salienta que esta acción é parte do “esforzo continuado por axudar á veciñanza a comprender toda a nova información, reaxustes incluídos, relacionada co transporte público a Ferrol, Mugardos e parroquias. Unha nova información que nos chega, ademais, sen ningún tipo de comunicación previa e a través dos medios […]