Esta fin de semana, o CIRS de Cervás acolleu o acto de clausura do XV Concurso de Pintura Manuel Rebón!

Comparte esta nota de prensa

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, as concelleiras Victoria Montenegro e Alma Barrón e Paula Fojo, presidenta do CIRS, puxeron fin á exposición dos cadros presentados e entregaron os premios aos gañadores desta nova edición do certame artístico: Manuel Carballeira Rivas, co seu cadro “Calma da mañanciña” (primeiro premio), Juan Manuel Álvarez Romero, coa súa obra “Náufrago” (mellor composición local) e os dous accésits, que pararon nas mans de Eduardo Pérez Baamonde, seleccionado polo seu cadro “Bungotech” e, finalmente, María Méndez Pérez de Arévalo con “El Jardín de Ofelia”.

Parabéns a todos os participantes e noraboa aos galardoados!!

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,