As cores azul e rosa proxéctanse sobre o consistorio de Ares polo Día Internacional da Concienciación da morte xestacional e perinatal

Comparte esta nota de prensa

O Concello ilumínase durante toda esta semana para visibilizar o duelo das familias que pasaron pola morte dun fillo/a na etapa xestacional ou perinatal, en consonancia cos actos que se promoven polo 15 de outubro, Día Internacional da Concienciación destes falecementos.

A entidade municipal súmase así á campaña promovida pola asociación Bolboretas no Ceo Norte, na que se defende a necesidade de xerar empatía nas institucións e o tecido civil, amais de reducir o tabú arredor desta problemática.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares súmase á 34ª edición de Equiocio

O certame ecuestre de Ferrol, unha cita fundamental que actúa como escaparate de toda a comarca, vén de presentarse onte no Centro Cultural Torrente Ballester.