O salón de actos da Alianza Aresana acollerá a presentación do libro “El eco de tu voz”

Comparte esta nota de prensa

O 13 de maio ás 19:30 horas o autor, Juan Galán, conversará coa ilustradora Susana Bermejo e a poeta Nina Pantín sobre a súa obra. 

A Concellaría de Cultura da localidade prosegue coa planificación e organización de presentacións literarias na Alianza Aresana, desta volta achegándose á novela de Juan Galán, “El eco de tu voz” (Medulia Editorial), este venres, 13 de maio, preto das 19:30 horas.

A obra de Galán configúrase coma unha novela histórica que mestura a invención con elementos reais. As personaxes de Adela e Fabiana –ficticios, con trazos autobiográficos– aparecen ao carón de feitos históricos en diversas épocas, ademais de relacionarse con figuras como Virginia Woolf, Emilia Pardo Bazán ou Santiago Casares Quiroga.

Ao acto de presentación acudirán tamén a ilustradora Susana Bermejo e a poeta Nina Pantín para afondar nas particularidades da novela e facer un pequeno percorrido pola memoria histórica.

Pódeche interesar