Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.
- Campioa Absoluta Feminina: Lara Lois García, do CDM Xesteiras, cun tempo de 3:35:29.
- Campión Absoluto Masculino: Ángel Maneiro Rodríguez, do Toxo, P.C., cun tempo de 2:55:26.
- Na categoría Júnior feminina, o título foi para a aresana Lara Pita Pena, do X-Sauce Mérida Factory Team, que se proclamou Campioa Galega cun tempo de 4:22:10. Un triunfo que leva o nome de Ares ao máis alto do BTT galego.
Parabéns ás e aos campións, a todas as persoas participantes e ao Club Pulpeiros pola organización desta importante cita do calendario ciclista galego.
Ares volveu ser escenario dunha gran festa do deporte e do BTT!









