A Concellaría de Cultura vén de lembrar que o próximo venres, 22 de abril ás 19.00 horas, a biblioteca municipal de Ares acollerá a presentación das dúas obras literarias de María Isabel Cagiao Branco; será unha forma de celebrar a inminencia do Día Internacional do Libro falando de literatura nun acto que conducirá a edil de Cultura, Alma Barrón.
María Isabel Cagiao achegará as dúas partes de “Gomets”, unhas historias que afondan nas aventuras da nena Bely en distintos lugares máxicos, todos eles repletos de personaxes cargados de medias verdades e medias mentiras.
A entrada ao evento será libre ata completar o aforo do salón de actos da Alianza Aresana.