Paula Regueiro e Lucía L. Golán, ambas actrices tituladas, desembarcaron co seu espectáculo “Que animaliño é?” cargado de música, animais e diversión! A escola da Galiña Azul acolleu este venres pasado unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos e pequenas coñezan e recoñezan as cousas do seu redor a través da estimulación dos sentidos.
A obra inscríbese dentro das actividades promovidas dende o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade e a área de Cultura de Ares, co foco desta volta en que tamén os nenos de 0 a 4 anos poidan gozar de iniciativas en galego.