118 anos da Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

O 20 de marzo de 1904, o fogar de Domingo Troche na cidade de Habana acollía a un grupo de nativos aresáns que integrarían a partir daquela data a Alianza Aresana de Instrución. Esta nova sociedade tería un desexo moi claro: “fomentar y difundir la instrucción de que tan necesitada está aquella villa, entre la clase pobre y menos acomodada, por las deficiencias y males inveterados de que adolece la enseñanza oficial”, como se lee na súa acta fundacional.

A súa intención de democratizar a educación en Ares tería unha actuación moi clara, tamén recollida na acta da reunión de 1904. A Xunta da Alianza Aresana de Instrución traballaría fondamente para “crear y sostener un colegio de enseñanza elemental para niños en la citada villa”. E así foi.

Este próximo domingo, ás 18.30 horas na biblioteca municipal, volvemos a lembrar a importancia desta sociedade e a homenaxear os esforzos persoais e económicos que fixeron a prol da nosa localidade. Os seus nomes, a súa labor e o seu traballo son xa parte fundamental do pasado, historia e memoria de Ares!

 

Pódeche interesar