Coa proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos básicos dunha sociedade máis igualitaria!
Con todo, a semana pasada tamén a rapazada de 4º da ESO mantivo un encontro sobre os diferentes comportamentos asociados á violencia machista dentro da actividade “Hai saída grazas a ti”, baixo as actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Estas dúas actividades, organizadas pola Centro de Información á Muller (CIM) municipal e o centro educativo, póñense en relación coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2022 do próximo venres, 25 de novembro.