1 de decembro do 2022 ao 31 de xaneiro do 2023
BASES DE PARTICIPACIÓN
1- OBXETO:
O obxeto destas bases, é a participación de todas aquelas persoas en calidade de clientes ou consumidores que desexan participar no pobo de Ares co fin de apoiar, ao comercio e á súa hostalería local.
2- PROCEDEMENTO:
O Concello de Ares comprométese a:
1-Organizar e impulsar a campaña de apoio
2-Proporcionar a publicidade necesaria para o desenvolvemento da campaña
(carteis, rascas, difusión ñas redes sociais, páxina web…)
3-Realizar o seguimento e resolver cantas cuestións xurdan.
O PREMIO REALÍZASE DA SEGUINTE FORMA
Os locáis darán aos seus clientes un vale-rasca por compras superiores a 10 euros.
Os clientes que resulten agraciados, estarán obrigados a gastar as cantidades premiadas en calquera dos establecementos adheridos do concello de Ares, ben sexa de hostalería como do pequeño comercio.
Vale para compras superiores, o agraciado pode poner o resto do importe, e por inferiores quedará o crédito pendente.
Os vales premiados, serán entregados polos empresarios ou donos dos
establecementos na entidade ABANCA de Ares, cuxa entidade lle ingresará en
efectivo.- O vales caducarán aos cinco meses. Data límite o 30/04/2023.
Para iso terá que presentar, o ticket de compra no establecemento onde vai ser canxeado o premio, nome e DNI do agraciado, xunto o vale premiado.
Lembramos que para maior axilidade grapen os seus resguardos ao boleto premiado.
O premio de maior contía (500 euros), entregarase ao cliente agraciado no Concello de Ares, quen deberá achegar, o seu ticket correspondente. O vale de compra deste importe, poderá ser fraccionado a pedimento da persoa ganadora, por vales inferiores ata o seu importe total.
Todos os comercios adheridos, terán un adhesivo identificativo conforme participan no apoio á hostalería e ao comercio local.
NUMERO DE VALES PREMIADOS
100 VALES DE 5 EUROS
100 VALES DE 10 EUROS
50 VALES DE 20 EUROS
20 VALES DE 50 EUROS
10 VALES DE 100 EUROS
1 VALE DE 500 EUROS
Total: 5.000 euros en premios
Cada establecemento que se adhira a esta campaña e as persoas que participan nela, aceptan o contido destas bases polo mero feito de participación e adhesión.