Tempada I: de outono a primavera
Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo.
Programación de Rutas
Ruta 1: Senda dos Cerqueiros e mirador da Carbueira
-
Descrición: Percorrido polo Parque Natural das Fragas do Eume que permite descubrir a súa riqueza paisaxística e botánica, atravesando bosques autóctonos de carballos, castiñeiros e fentos. O itinerario inclúe o Mirador de Carbueira, desde onde se pode contemplar unha espectacular panorámica do encoro do Eume e da fraga atlántica.
-
Data: 25 de outubro
-
Horario: Saída ás 8:30 h. / Chegada ás 14:30 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 12 km / Desnivel 315 +/-
-
Dificultade: Media
-
Prezo: 20 euros
Ruta 2: SendAres Ruta 1 – Circular Ares-Cervás-Ares
-
Descrición: Ruta pola costa de Ares. Percorrido a pé desde a Praza da Igrexa de Ares cara á costa, pasando pola Punta do Castelo, as calas de Estacas e A Barrosa, o mirador do Blue Star e o Castro de Santa Mariña, ata a Cova dos Mouros. O regreso realizarase polo interior, atravesando Lubre, ata chegar de novo á Praza da Igrexa.
-
Data: 15 de novembro
-
Horario: Saída ás 9:00 h. / Chegada ás 13:00 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 11 km / Desnivel 100 +/-
-
Dificultade: Baixa
-
Prezo: 5 euros
Ruta 3: SendAres Ruta 2 – Circular Cervás-Chanteiro-Cervás
-
Descrición: Ruta por Cervás e Chanteiro. Percorrido circular con saída do aparcadoiro do cemiterio de Cervás, pasando por Punta de Santa Mariña, os Remuíños, Ansuela, Punta Promontoiro e Punta Coitelada. A ruta continúa pola praia de Chanteiro e a Ermida da Merced, para regresar por Outeiro ao punto de partida.
-
Data: 17 de xaneiro
-
Horario: Saída ás 9:00 h. / Chegada ás 13:30 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 12 km / Desnivel 100 +/-
-
Dificultade: Baixa
-
Prezo: 5 euros
Ruta 4: SendAres Ruta 3 – Circular Cervás-Chanteiro-Cervás
-
Descrición: Ruta por Montefaro e Cervás. Percorrido con saída do CIRS de Cervás e ascenso a Montefaro, pasando polo Mosteiro de Santa Catarina, a Batería da Bailadora e as antenas de comunicación. A baixada continúa pola Batería de Fonteseca, Punta Segaño e a praia de Chanteiro, para regresar a Cervás pasando pola Ermida da Merced, Fonte do Cal e Pedrachá, ata o punto de partida.
-
Data: 21 de febreiro
-
Horario: Saída ás 9:00 h. / Chegada ás 13:30 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 11 km / Desnivel 300 +/-
-
Dificultade: Media
-
Prezo: 5 euros
Ruta 5: Val de Cambás, Aranga
-
Descrición: Percorrido polo Val de Cambás, un espazo natural de gran valor ecolóxico, con fraga atlántica, biodiversidade fluvial e espectaculares saltos de auga. A ruta inclúe a Fervenza do Rego da Palanca, o Pozo de Castro Rodicio, antigos muíños e o Mirador do Vieiro, con vistas á Serra da Loba.
-
Data: 21 de marzo
-
Horario: Saída ás 8:30 h. / Chegada ás 14:30 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 9 km / Desnivel 325 +/-
-
Dificultade: Media
-
Prezo: 20 euros
Ruta 6: O Barqueiro / Porto de Espasante / Estaca de Bares / Barqueiro
-
Descrición: Percorrido costeiro que conecta O Barqueiro con Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica, atravesando a paisaxe onde conflúen o Atlántico e o Cantábrico. A ruta pasa por Porto de Bares e os Muíños de Bares, para rematar no espazo natural de Estaca de Bares, co seu faro, estación ornitolóxica e destacado valor xeolóxico.
-
Data: 25 de abril
-
Horario: Saída ás 8:00 h. / Chegada ás 15:00 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 15 km / Desnivel 800 +/-
-
Dificultade: Media
-
Prezo: 20 euros
Ruta 7: Ruta dos pinos da Costa, De Razo a Malpica
-
Descrición: Percorrido costeiro entre Razo (Carballo) e Malpica de Bergantiños, por un dos tramos máis espectaculares da Costa da Morte, con gran valor xeolóxico e ambiental. A ruta atravesa piñeirais, cantís, praias salvaxes e o sistema dunar de Razo-Baldaio, con miradores naturais sobre o Atlántico e vistas ás Illas Sisargas.
-
Data: 25 de abril
-
Horario: Saída ás 8:00 h. / Chegada ás 17:00 h.
-
Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares
-
Capacidade: 25 prazas
-
Datos técnicos: 16 km / Desnivel 500 +/-
-
Dificultade: Media
-
Prezo: 20 euros
Normativa do Programa
-
Obxectivo: Propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da contorna dende unha percepción activa.
-
Destinatarios: Calquera persoa maior de 12 anos. Os menores de idade deberán participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que se deberá comunicar no momento da inscrición.
-
Inscricións:
-
Realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos.
-
Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda para empregar en caso de baixas.
-
Para formalizar a inscrición hai que acceder á web municipal (
www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2026/2027 para enviar a solicitude. As solicitudes rexistraranse por orde de chegada para confeccionar os listados.
-
-
Pagamento: Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. O prezo de cada ruta inclúe servizos de guía, seguros e transporte.
-
Desprazamentos: Realizaranse en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente (por norma xeral, dende a Praza da Igrexa de Ares).
-
Material necesario: Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, avituallamento persoal, calzado e roupa axeitada para a práctica deportiva.










