Ata este venres, 3 de febreiro, podes inscribirte no simposio internacional “Apuntando ao mar” que organiza a Deputación da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño.

Comparte esta nota de prensa

Unha experiencia única para aprender sobre as defensas costeiras do territorio comarcal ao longo da historia, e tamén sobre os seus vencellos co patrimonio, a paisaxe, o medioambiente e o turismo!

As inscricións, abertas a todo o público, son de balde a través da páxina web www.apuntandoaomar.com. O simposio realizarase durante as xornadas do 9, 10 e 11 de febreiro no Teatro Jofre e aglutinará a un extenso panel de expertos nacionais e internacionais (chegados dende Bélxica, Italia ou Francia) cos que afondar nas particularidades das baterías de A Bailadora, Campelo (Valdoviño), Monte Ventoso e Prior (Ferrol)…

Son precisamente estes espazos analizados en “Apuntando ao Mar” os que se mellorarán ao longo do 2023 a través dun forte investimento que realiza a Deputación da Coruña da man dos concellos involucrados: unha liña de traballo que desexa divulgar o patrimonio da nosa comarca e afianzar estes antiguos emprazamentos bélicos coa súa posta en valor.

PROGRAMA APUNTANDO AO MAR en pdf

Pódeche interesar