A campaña de consumo de proximidade da Concellaría de Comercio vén de rematar no día de onte! Despois de dous meses de actividade, a iniciativa municipal para impulsar o comercio de Ares nunhas datas de relevancia, co Nadal mediante, pecha de maneira oficial.
Así, durante decembro e xaneiro repartíronse 5.000 euros divididos en aproximadamente 280 vales rascas, un diñeiro que se emprega para mercar nalgún dos 93 locais adheridos á campaña do Concello e que axuda a establecer formas de consumo máis sustentables e solidarias.
A Concellaría de Comercio agradece toda a implicación dos locais e aresáns en xeral; a veciñanza volveu a acoller moi positivamente a xa terceira edición do MercAres!!