A través dunha conversa tranquila, afóndanse nas personaxes, achéganse impresión persoais sobre as tramas e as novelas cobran, pouco a pouco, novas perspectivas grazas ás reunións!
Así, preto do peche de cada mes, o club de lectura aresán xúntase para pasar un bo rato en compañía dos libros e das veciñas e veciños. Na penúltima xuntanza, debullaron “Tierra de mujeres”, de María Sánchez, un ensaio en primeira persoa sobre a realidade das mulleres no mundo rural, dándolles a voz e o espazo que non tiveron; unha historia onde se fala da obrigada renuncia femenina á educación para poñerse a traballar a terra e cuidar das familias.
Quédalles pendente comentar a última lectura: “La bailarina de Auschwitz”, de Edith Eger!!