O sábado, 25, e o domingo, 26, a nosa vila volve a contar coa ruta do pincho que promove a Concellaría de Comercio e Turismo. É a oportunidade perfecta para completar o percorrido gastronómico polos 11 establecementos que se sumaron á iniciativa e participar no sorteo de 6 vales de 100 euros cada un, amais dunha visita con noite incluída nas Bodegas Valdelana, en El Ciego (Álava).
#ViveAres e desfruta das tapas que deixamos aquí embaixo! Bota unha ollada con calma ós seus horarios