As liñas que conectan Ferrol con Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Vigo accederán directamente á AP-9 desde a estación de autobuses.

O resto das liñas engaden no novo percorrido paradas na avenida de Esteiro, na rúa Telleiras e na avenida Castelao, ademais da parada Mercado Recimil nas liñas que teñen cabeceira na praza de Galicia.

A información relativa aos novos servizos está dispoñible en https://www.bus.gal/gl/avisos/aviso-importante-adaptacion-dos-servizos-polas-obras-na-avenida-das-pias-de-ferrol